Venres. 26.04.2024
El tiempo

O audio que non se puido escoitar no pleno de Ponteceso

O audio que non se puido escoitar no pleno de Ponteceso

Expulsion no pleno
Momento do pleno no que Faustino Santiago é expulsado

No esperpéntico pleno do pasado luns, un dos momentos máis tensos foi cando os edís da oposición quixeron presentar un audio sobre as polémicas gravacións no Concello. Un audio gravado tamén sen consentimento antes mesmo das famosas gravacións, no que se demostra que os edís non chantaxearon ao alcalde, se non que el mesmo o que intentou artellar un sistema para que os edís puidesen cobrar máis.

O alcalde non permitiu escoitar en pleno este audio e mesmo expulsou nese momento a Faustino Santiago Lema. Este éo audio, e a seguinte, a lectura dos 5 edís non adscritos sobre a situación:

 

A alongada sombra de Carballido

Cando nos parece que os plenos de Ponteceso non poden ir a peor, o resultado real supérase cada día, bochornosos e esperpénticos. Á cabeza un moderador que no canto de respetar o Regulamento e moderar o debate, invita a confrontación e os reproches entre edís, fomentando que os plenos cada día vaian a peor. A demagoxia é a sua forma de política e algúns de nós non nos queda outra que reclamar onde temos voto porque o dereito á voz témolo vetado polo propio Alcalde.

Se dis verdades a expulsión é o que che espera; tanto é así que nun pleno de catro horas el fala tres e media, e se o tema non lle "interesa" directamente cámbiao e non deixa que se fale, dese modo onte salía unha gravación que podía dar luz ás famosas “chantaxes” e a instalación de cámaras.

Que está pasando no Concello de Ponteceso? Por que o Alcalde non permite escoitar un audio? Que esconde? Quen instala cámaras e micrófonos e con que cartos? Son preguntas que nos formulamos.

Deixe de tapar coa súa sombra e permita vostede Sr Carballido que os veciños e veciñas teñan a transparencia que merecen.

- Asdo: Os edís non adscritos.

Novas relacionadas

Comentarios