Denuncian ante a Garda Civil a posible destrución de documentos do alcalde de Ponteceso
Este mércores 31 de marzo, apenas uns días despois do tenso pleno no que se aprobou unha Comisión de Investigación sobre o asunto das gravacións, e no que non se puido escoitar un audio que demostra a mentira da chantaxe dos ex edís socialistas, foi un día movido na Casa do Concello de Ponteceso. Dende primeira hora da mañá saltaban as alarmas na oposición ao recibir o aviso de varios funcionarios de que o alcalde, Lois Carballido, estaba no despacho da alcaldía, supostamente, ordeando a varias traballadoras municipais a triturar toda a documentacion existente na alcaldía.
Os grupos da oposición, tanto os 5 edís non adscritos como os do PP, corroboraron a presencia de José Souto Mesura, coñecido como “Ferreiro”, e que leva anos sendo a man dereita do alcalde, ou coñecido como “asesor”, malia non ter relación nin laboral, nin política co Concello de Ponteceso.
Lois Carballido xunto a "Ferreiro" na Festa do Percebe de Corme de 2019
Os edís, ante esta situación, presentaron denuncia ante a Garda Civil para “a súa investigación e ante un presunta destrución de posibles probas”.
A oposición faise as seguintes preguntas: ”Que está pasando no Concello de Ponteceso? Ten algo que esconder o Sr Carballido? Ainda hai cámaras gravando en dependencias públicas? Quen ten acceso a esas gravacións? Donde se gardan? Por qué o Alcalde non denuncia os feitos e pola contra da orden de destruir documentación? Ese "asesor" ten acceso a documentos dos nosos veciños e veciñas?”
”Non pode ser que quen presida a Alcaldía do noso concello pase por alto semellantes feitos e diga que non son do interese xeral, o concello e máxime o despacho de Alcaldía é un lugar de todos e todas os veciños, onde hai miles de conversas, non podemos permitir que isto quede sin esclarecer. Este asunto e gravísimo polo que pedimos que se investigue de forma urxente”, denuncian.
Novas relacionadas
- 31-03-2021: O audio que non se puido escoitar no pleno de Ponteceso.
- 29-03-2021: O Pleno de Ponteceso aproba unha comisión informativa para investigar as gravacións.
- 27-03-2021: Ponteceso, único concello da Provincia sen POS pola irresponsabilidade dos seus políticos.
- 12-03-2021: Terceiro pleno inútil para salvar o POS de Ponteceso.
- 04-03-2021: Os políticos de Ponteceso continúan co seu circo plenario.
- 9-10-2020: Os edís chantaxeados de Ponteceso queréllanse contra o alcalde e contra La Voz de Galicia .
- 27-10-2020: Carballido cambia a Xunta de Goberno e a Provincia Socialista abre expedientes aos 3 edís gravados con cámara oculta.
- 26-10-2020: Marco Varela: “Vergonza”.
- 25-10- 2020: Chantaxe ou montaxe?.