Martes. 27.07.2021
El tiempo

Os edís chantaxeados de Ponteceso queréllanse contra o alcalde e contra La Voz de Galicia

O vídeo, recollido con cámara oculta na alcaldía, foi gravado en maio
Edis de Ponteceso
Salvador Eiroa, Faustino Santiago e Ana Pérez Imia foron os Concelleiros gravados con cámara oculta
Os edís chantaxeados de Ponteceso queréllanse contra o alcalde e contra La Voz de Galicia

Continúa aberta a ferida na Agrupación Socialista de Ponteceso. O vídeo gravado con cámara oculta por parte do alcalde xa ten as súas primeiras reaccións xurídicas. Os 3 edís afectados presentaron onte unha querella contra o propio Lois Carballido e contra a Voz de Galicia para denunciar “a encerrona” á que se viron sometida.

Os edís queren amosar amosar o seu rexeitamento ante a actuación do alcalde e a ética do xornal, sinalando que “a información e vídeos difundidos son falsos”, partindo de que “as gravacións son feitas o 24 de maio de 2020, fai mais de 5 meses, polo tanto moito antes da ruptura definitiva do grupo de goberno”.

De aí que moitas conclusións que se poderían sacar dun vídeo, editado e cortado por interese (piden que o publiquen enteiro, de feito), sexan falsas. “Frases como "se non me pos , ti non es alcalde hoxe" non teñen nada que ver cun chantaxe senón coa importancia que lle dá o propio Faustino a levalo a el na candidatura socialista das últimas eleccions”, explican os edís.

Explican que o motivo real da discusión parte dunhas “produtividades desiguais, desproporcionadas e arbitrarias” que o alcalde quería aprobar en pleno en favor dalgúns empregados do Concello. Unha moción que finalmente retirou Carballido, nun pleno telemático que tampouco foi retrasmitido.

Sobre as cantidades solicitadas, os edís aseguran que son “compromiso do alcalde feito ao comezo da lexislatura de abonarlle aos tres concelleiros as cantidades citadas en concepto de asistencias e gastos derivados das súas áreas”, compromiso que non foi cumplido por Carballido e que nesa reunión-mais de un ano despois- lle recordaban.

Peticións a Carballido e ao PSOE

Así, os edís piden a dimisión de “Carballido e compañía”, pero máis alá do eido políticio, lamentan a falta de humanidade do personaxe. “O que fixo estes últimos días demostra que todo vale e que a ética non existe no seu diccionario”.
De igual xeito consideran que as dúas compañeiras que quedan a carón de Carballido “non merecen o noso respecto, posicionáronse na zona cómoda e atopou en vós o que él buscaba (apoio incondicional sen pararse a valorar os feitos caciquistas e antidemocráticos) e son tan culpables coma él, de que a situación chegara a estes extremos, por seguir alimentándolle o ego ó Dios que nos dixo el que era“.

Lamentan a postura ambivalente da Provincial Socialista, que nun principio apoio aos dous bandos, pero “era mentira, o partido solo apoia a Carballido e mira para outro lado sendo coñecedor da súa actitudd caciquista e antidemocrática”. “Resulta patético que nos teñamos que enterar pola prensa da apertura dun expediente para a nosa expulsión do Partido Socialista”.
Sobre a posibilidade de saír do partido e meterse no grupo mixto, hai varias posturas. Faustino, por exemplo, non ten pensado deixar o partido pero outras edís son independiente e mesmo nin son militantes.

Novas da crise do #PSOEPonteceso

comentarios