Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Ponteceso

O Pleno de Ponteceso aproba unha comisión informativa para investigar as gravacións

O venres o pleno da Deputación ratificaba a perda dos 758.000€ do POS. Mentres, Ponteceso celebraba un novo pleno de máis de 4 horas, que ratificaba o espectáculo esperpéntico no que se ten convertido o salón de plenos, alimentado pola retransmisión por streaming, con picos de máis de 200 persoas atendendo e con máis de 400 comentarios durante a emisión.

O circo plenario comezaba calmado con dous puntos aprobados, dous co consenso de toda a oposición, e outro por unanimidade. Saíu rexeitado o intento do alcalde de recorrer a moción aprobada en decembro conforme se eliminaban a

A cousa comezou tensarse cando se tratou a perda do POS, con acusacións cruzadas entre oposición e alcalde.
Especialmente vehemente foi Xosé Manuel Verdes, acostumado a gardar máis as formas, pero que acusou directamente de non facer nada durante 3 meses para consensuar o Plan.

 

Comisión informativa sobre as cámaras

O cumio chegou cando os edís non adscritos presentaron unha moción para abrir unha comisión informativa polo asunto da gravación ilegal no despacho da alcaldía, unha vez que ata vario@s empregad@s do concello emitiron un escrito esta semana dicindo que seguían sen aclarar o asunto, e tiñan dereito a saber se estaban sendo gravados. Ana Pérez Imia, que avisou dimitirá se dimite o propio alcalde, solicitou presentar un audio, pero o alcalde non o permitíu.

O audio, que segundo Faustino Santiago lle chegou por correo anónimo, foi gravado no despacho da alcaldía antes mesmo que a gravación do polémico vídeo, serve para “denunciar que existen cámaras e micrófonos no concello dos cales ninguén sabe a orixe e ninguén dá ningunha explicación”, sinala a concelleira non adscrita Ana Pérez Imia.

No audio escóitase a Carballido ofrecendo aumentar as contías a todos os membros das Xuntas de Goberno para que Faustino Santiago poida cobrar algo máis por traballos de confirmación. “O audio confirma que as cantidades que se falan nos vídeos non son unha chantaxe (“se non me das os cartos non te apoio”) senón unhas cantidades prometidas polo propio Carballido”, sinala Imia, deixando claro que o audio serve para excusar aos edís gravados ilexitimamente.

O pleno seguíu esmorecendo entre acusacións cruzadas, co alcalde, estirou e estirou o pleno, apelando á “ética” e ao “servizo público”, invitando á oposición acodir á Xustiza. Antes do remate, sobre a bocina, aprobouse, por unanimidade, a moción polo apoio á loita da pesca artesanal contra a modificación do Regulamento de Control Europeo, que provocou as mobilizacións desta pasada semana.

Por suposto, non acabaron todos os edís, e o alcalde expulsou a Miguel Ángel González, e posteriormente a Salvador Eiroa e a Faustino Santiago cando o alcalde non permitiu escoitar o audio.

Novas relacionadas

O Pleno de Ponteceso aproba unha comisión informativa para investigar as gravacións