Luns. 29.04.2024
El tiempo

Un derbi e unha cea baile en favor de Princesa Rett

Partido Solidario e Cea Baile RETT Ponteceso
Un derbi e unha cea baile en favor de Princesa Rett

Segue a comarca demostrando un afecto especial pola pequena Daniela. A nena pontecesá con síndrome de Rett e a súa familia son un exemplo de superación e loita, e asi llo recoñece a Costa da Morte en calquera momento do ano. Vivímolo no Partido Solidario da Selección da Costa-QPC celebrado a finais de ano no Pinguel, e tamén o viviremos estes días con novos eventos.

Partido solidario

Os Veteranos do Bergantiños e o Peña Galicia organizan unha recollida de cartos este sábado 27 de xaneiro ás 16:00h no campo de Razo, co gallo do derbi entre Carty e Peña Galicia. Van sortear unha sudadera do centenario do Bergantiños e a Peña Galicia unha camiseta, para recadar fondos para a Asociación.

Cea Solidaria

Xa o vindeiro 24 de febreiro, Ponteceso encherá o polideportivo para a Cea Baile-Cocido Solidario en favor de Daniela. A partir das 2100h haberá música con Ángel Sevilla, Laura Añón e JJ Compota, e numerosos sorteos. Unha cita para axudar.

Máis novas

Comentarios