venres. 02.05.2025
El tiempo

Deteñen un veciño de Ponteceso por ter 35 macetas de marihuana no seu xardín

Deteñen un veciño de Ponteceso por ter 35 macetas de marihuana no seu xardín
Plantas de marihuana incautadas en Cores-Ponteceso

Xa son 4 os detidos nos dous últimos anos por cultivo de marihuana na Costa da Morte, e o segundo en Ponteceso nos últimos meses. Neste caso, axentes da Garda Civil, detiveron onte a un veciño de Ponteceso, de 34 anos, como suposto autor dun delito contra a saúde pública ao descubrirse no xardín da súa casa 35 macetas con plantas de marihuana.

O detido e as plantas foron postos a disposición do Xulgado de Garda de Carballo.

Novas relacionadas

Fonte

  • GC.

Comentarios