Un Día da Patria para lembrar a expedición de Mourelle a Alaska

09:55 23/07/25
Xornada histórica a que se vai vivir este venres 25 de xullo en Corme arredor do 250 aniversario da expedición da Sonora, a embarcación patroneada polo cormelán Mourelle da Rúa, que en 1775 conseguíu ser a primeira embarcación occidental en chegar a Alaska.
A xornada comeza ás 11:30h na Fonte do Campo, coa saída dun paseo histórico arredor das historias de Mourelle. Non hai que inscribirse.
Xa ás 19:30 no MACCMO, que tamén acolle ata o 15 de agosto unha singular exposición, terá lugar a conferencia "Mourelle en Alaska”, que tivo que ser aprazada a semana pasada, e que será impartida por Suso Lista e María Suárez.