Feminismo en pé convoca unha concentración para esta tarde en Ponteceso en repulsa ante o feminicidio de Baiona
07:48 13/11/24
Como fixeron as mulleres de Sonlilá en Carnota, e seguindo a serie de concentracións da Marcha Mundial das Mulleres en toda Galicia, o colectivo Feminismo en pé vén de convocar unha concentración para esta tarde de mércores en Ponteceso en repulsa polo feminicidio de Estela Blach acontecido esta fin de semana en Baiona.
A praza do Recheo volverá berrar contra a violencia de xénero a partir das 19:00h, como xa fixo en outubro co feminicidio de Fadoua en Moaña.
Más novas
- Artigo de Eva Patiño: Maternidade, familia e feminismo