Domingo. 15.09.2024
El tiempo

A Fundación Eduardo Pondal homenaxea ás mulleres do mar

As Mulleres do Mar no Couto
A Fundación Eduardo Pondal homenaxea ás mulleres do mar

Rematou a Escola de Verán e arrincou o Festiletras. A cultura ferve no Couto, onde onte, a Casa da Muller da Fundación Eduardo Pondal quixo render homenaxe ás ‘Literatas, as Mulleres de Mar’. 

Traballadoras do mundo do mar (redeiras, mariscadoras, conserveiras, mariñeiras...) de toda a comarca de Bergantiños achegáronse para recibir este recoñecemento ao seu transcendental papel no desenvolvemento e liderado do sector pesqueiro galego.

Fieron fincapé na importancia de divulgar e recoñecer socialmente o labor das mulleres neste sector, caracterizado tradicionalmente por ser moi masculinizado, e que durante décadas pasou desapercibido.

Este evento, enmarcado na cuadraséximosegunda edición das Festiletras baixo o lema ‘Amar a mares’, naceu no 2016 inspirado na correspondencia entre Rosalía de Castro e Eduardo Pondal na que abordaban estereotipos e prexuízos asociados ás mulleres que escribían. Trátase dun encontro xa consolidado no que compartir experiencias, lembrar, compartir e avanzar. 

Comentarios