O gromo de Ponteceso aumenta a 17 casos

18:15 01/09/20
Se ben os casos dos pequenos focos de Corme e Cores mantéñense sen cambios (cos 6 afectados pasando corentena no domicilio) o Concello de Ponteceso vén de informar de varios novos positivos por coronavirus. 1 caso en Pazos, 6 na Graña (5 deles nun domicilio, e o outro estaba fóra do concello cando llo detectaron e pasa a corentena nun domicilio fóra da localidade), e 4 en Ponteceso centro (1 na Trabe e 3 na Ponte).
Así mesmo facilitan o teléfono de contacto 981 714 000.
Novas dos últimos gromos
- 29-08-2020: Laxe suma 3 positivos por coronavirus e o gromo de Santa Comba segue medrando.
- 27-08-2020: "En Carnota non hai gromo de covid19”.
- 26-08-2020: Confirman 6 novos positivos de coronavirus en Ponteceso:
- 25-08-2020: O gromo de Santa Comba aumenta ata 28 positivos e o Concello pecha todas as instalacións.
- 22-08-2020: Xa son 11 os positivos do gromo de coronavirus de Santa Comba.
- 21-08-2020: Santa Comba confirma 3 novos positivos por coronavirus.
- 20-08-2020: Confirman 5 positivos no Concello de Ponteceso.
- 17-08-2020: As 69 probas PCR vinculadas ao brote do camping de Muros dan negativas:
- 10-08-2020: A empresa cárnica de Baíñas confirma que os 7 casos positivos son asintomáticos e que lle fixo PCRs a todos os traballadores.
- 06-08-2020: Dous positivos por coronavirus obrigan a pechar unha empresa cárnica de Vimianzo.