Luns. 28.09.2020
El tiempo

Confirman 6 novos positivos de coronavirus en Ponteceso

Confirman 6 novos positivos de coronavirus en Ponteceso


Imaxe do lugar de cores

Continúa medrando a incidencia desta nova onda do covid19 na Costa da Morte. Tras comprobar como aumenta o número de casos positivos de Santa Comba, vemos como o pequeno gromo de Ponteceso tamén aumenta, pero máis lixeiramente.

Aos 5 positivos confirmados a semana pasada, o Concello o que recoñece que nas últimas horas confirmáronse 4 novos positivos en Cores, 1 en Corme Porto e 1 en Anllóns. O caso de Cores confirma catro positivos máis dentro do mesmo domicilio, familiares todos do caso que xa había.

”Todo apunta a que se trata de casos importados”, segundo o Concello de Ponteceso.

 

Novas dos últimos gromos

comentarios