mércores. 30.04.2025
El tiempo

Nove alumnos inician as prácticas do FP de Soldadura en Gerca

Practicas FP en Gerca
Nove alumnos inician as prácticas do FP de Soldadura en Gerca

Esta semana, a comprometida Gerca acero y metal daba a benvida a nove alumnos do ciclo de Formación Profesional Dual de Soldadura e
Caldeirería do IES Fernando Blanco. Nove rapaces da comarca inician o seu período de prácticas na empresa vimiancesa, no marco dun programa, pioneiro na Costa da Morte, que foi posible grazas ó esforzo conxunto do centro educativo ceense e a empresa soneirá para ampliación da oferta formativa na zona.

Así durante os próximos meses, ata o 31 de xullo, estes estudantes formaranse nas instalacións de Gerca , no parque empresarial de Vimianzo, aplicando os coñecementos adquiridos na aula, nun entorno de traballo real. Esta primeira fase de prácticas completarase o próximo ano cunha segunda parte, consolidado así un modelo de aprendizaxe que combina a formación teórica e a experiencia práctica.

A FP Dual de Soldadura e Caldeirería do IES Fernando Blanco, con esta segunda edición, representa unha aposta firme pola integración das novas xeracións ao mercado laboral, permitíndolles adquirir as competencias necesarias para o seu futuro profesional. Dende Gerca, reafirman o seu compromiso coa formación e o desenvolvemento do talento local, e mostran a súa intención de seguir participando neste proxecto nos próximos anos.

Máis novas

Comentarios