Venres. 29.03.2024
El tiempo

Irma Macías, Xabier Díaz e Sés, Esencia do Festiletras

Festiletras 2020-Irma Macias Ses e Xabier Diaz
Irma Macías, Xabier Díaz e Sés, Esencia do Festiletras

Este singular 2020 obrigou a desenvolver un Festiletras virtual durante o mes de maio. Pero a xente da Fundación Eduardo Pondal e a Asociación Monte Branco quedaron con gañas de armar algo de lío. Polo que este mes de setembro prepara unha edición moi especial, chamada “Esencia Festiletras”.

Do 31 de agosto ao 6 de setembro haberá unha serie de actos, con artesanía, ciencia, homenaxes… A música, coma sempre, será esencia. O sábado 5 de setembro estará Sés; o domingo 6 será Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre as protagonistas. Para estes eventos hai que correr e sacar entrada online polos limitadísimos aforos permitidos polos protocolos.

Durante a semana haberá obradoiros, contacontos, charlas, concertos… con xentes como Xurxo Souto, Pakolas, Cé Orquesta Pantasma, Rabuñal Patiño, Yolanda Castaño, Elena Ferro, Omar Rabuñal…

Ademais, a cita cos premios Literatas e Bo e Xeneroso tamén é importante. Este ano son 2 e non 5 os premiados. O Premio Literata a vimiancesa Irma Macías, unha persoa que sempre manifestou o seu amor pola aldea do Couto e o seu compromio coa música galega. Entregaralle o premio outra Literata, a regueifeira Lupe Blanco o sábado 5 de setembro ás 18 horas, antes do concerto de Sés. A coristanquesa será tamén a encargada de fiar o acto coas súas coplas.

O Bo e Xeneroso deste 2020 recae sobre o músico Xabier Díaz, que unha vez máis levara ao Couto o mellor da súa música na sesión dominical que servirá para pechar esta singular edición do Festiletras.

Comentarios