mércores. 12.02.2025
El tiempo

Julia Ures espalla os "Poemas" de Pondal por todo o estado: "Quero que a xente coñeza o autor da letra do himno dentro e fóra de Galicia"

Julia Ures presentando o libro Poemas
Julia Ures presentando o libro "Poemas"
Julia Ures espalla os "Poemas" de Pondal por todo o estado: "Quero que a xente coñeza o autor da letra do himno dentro e fóra de Galicia"

O poeta pontecesán Eduardo Pondal volve ao mundo dos vivos e faino gracias ao novo libro "Poemas". Julia Ures Villar, cofundadora de Ponteceso Cultura Permanente (PCP), licenciada en Filoloxía Galego-portuguesa, vén de publicar na Ed. Polibea (na súa colección de Orlando), unha serie de traducións de poemas do bardo bergantiñán.

Despois da primeira presentación realizada no Parador de Lourido, a autora desprazouse ata a Casa de Galicia de Madrid, situada xunto ao espléndido Museo do Prado, onde se deu presentación oficial fóra de Galicia a esta edición en formato bilingüe.

Libro Poemas Eduardo Pondal

Ures consegue así "o selo de Ponteceso no mapa xeográfico da poesía como Santuario Poético", como destaca L. Ramón García del Pomar, presente no evento. E así, tamén, "conseguiu lembrar que Eduardo Pondal lindaba coas comarcas máis altas da poesía española do século XIX". Un xeito real e concreto de demostrar que a lingua, a poesía e a literatura do Universo galego está entre as máis altas cotas de categoría de todo o estado.

García del Pomar destaca a "lección moral" dun autor que transita entre "o éxtase e culpa, a transgresión e o castigo, a coraxe e a liberdade". "A súa poesía desprende un alento íntimo que chega ao substrato máis profundo do ser humano", sinala, destacando e agradecendo a vontade da autora, que conseguiu encher o auditorio da Casa de Galicia para coñecer a obra dun dos nosos grandes literatos.

Pequena entrevista

Durante a presentación L. Ramón García del Pomar lanzoulle estas preguntas á autora do linro:

  • Que supuxo presentar a poesía galega en Madrid e que resultados agarda?

- Moito. En Madrid e noutros lugares fóra de Galicia, que é onde o libro cobra sentido. Penso que Eduardo Pondal é unha xoia e que hai que sacar xoias ou, como sempre digo, hai que saír da súa casa para ver a súa fermosa fachada. O que quero é que a xente coñeza o autor da letra do himno dentro e fóra de Galicia.

  • Pódese falar de poesía galega en comparación con outras poesías de España? Se é así, por que?

Que é a poesía galega? O escrito en galego? Que é a poesía española? O escrito en castelán? A poesía é universal e exprésase en diferentes linguas e de diferentes xeitos. Afonso X o Sabio escribiu en galego, porque era a lingua literaria da época e ninguén o identifica como escritor galego. Hai poetas marabillosos en Galicia, algúns deles gañadores de premios nacionais. Por suposto, amo moito a miña lingua e penso que o que fixen é achegala aos demais.

  • Fixeches unha tradución literal ou sacrificou a literalidade a favor do ritmo? Utilizaches ou evitaches algún recurso gramatical?

Fixen unha tradución bastante literal. Foi a miña elección porque quería respectar ao autor e quería que se lise como poesía do século XIX. O que non quería era que se perdese a esencia da poesía nin o poeta.

  • Recibe apoio da crítica en Galicia?

Non sei. En Galicia, como noutros territorios bilingües ou diglósicos (como se queira ver), converteron a lingua nun tema político e, polo tanto, a crítica dependerá da ideoloxía. Xustifico a tradución porque para os lectores que non falan nin entenden a miña lingua é máis doado achegarse á poesía pondaliana. Oín a moita xente dicir que non tería descuberto un poeta tan grande se non fose nunha edición bilingüe.

  • Efectivamente, son un bo exemplo do que dis sobre a conveniencia do bilingüismo. Vexo que contaches co apoio da Xunta. Significa isto que hai un interese político en que Galiza non se quede atrás na pluralidade lingüística do noso país?

A Secretaría Xeral de Política Lingüística está dirixida polo mellor equipo de promoción da nosa lingua. Escoitáronme e entenderon que a edición bilingüe axuda aos lectores non galegos ou aos que non entenden o galego a sentir curiosidade e achegarse ao galego. É unha forma de normalizalo.

Comentarios