Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un local de Ponteceso denuncia ter que pechar polas ameazas do alcalde

Sabores Pecha en Ponteceso
Cartel colocado na panadaría pontecesá
Un local de Ponteceso denuncia ter que pechar polas ameazas do alcalde

Éncheselle a boca aos alcaldes da comarca afirmando que apoian ao máximo ao comercio local e á hostalería. Pero non parece o caso que lle tocou vivir a Loli Otero Loureda. Esta carballesa, que leva 21 anos en Laxe, mergullouse nun esixente proxecto emprendedor na mesma praza do Recheo de Ponteceso. A Barquiña dos Sabores, tras un gran investimento, presentábase como unha desas panadarías modernas das cidades nas que ademais de mercar pan podes tomar un café rico e mesmo uns pinchos. Todo dinamizando o centro da vila.

Pero a cousa non foi fácil en ningún momento. “Dende o principio xa me quixeron facer a vida imposible, con denuncias e ameazas”, sinala Loli lamentando que 3 veciñas da comunidade “me colleron atravesada” e coa connivencia do alcalde pontecesán, acabaron co peche, este mesmo sábado, do local.

Así o explica ela nun duro cartel que puxo no propio local da praza: “Por orde de 3 veciñas desta comunidade e máis do alcalde, cerramos o local”. Loli ten claro que non vai quedar calada, e xa lle espetou ao propio Lois Carballido que o vai denunciar, así como ás veciñas, por danos e perxuizos e por ameazas.

”Quere demostrar que ten poder, porque el e máis o pelado ese, o responsable de obras do Concello, son uns prepotentes”. En realidade, e ata aquí chega a mafia do rexedor, o “pelado” non é máis que un afiliado histórico do PSOE que exerce de “poli malo” do alcalde nos asuntos turbios, ou para aparecer nos ridículos vídeos da súa política de redes sociais.

Ameazas continuas as que leva sufrindo por whastapp a emprendedora, que xa perdeu o verán ao non poder abrir a tempo por problemas que lle metían unha e outra vez dende o Concello. “Estaban buscando por todas partes a maneira de pecharnos o local. Xa ao principio o Concello me dixo que se queríamos abrir tiñamos que meter para dentro o aire acondicionado… Pero que pasa? a estética é só para min, e non para o resto de Ponteceso?”.

A cousa continuou. “Cando queríamos poñer unha rampla para cadeiras de rodas, non nos deixaron porque collíamos un anaco de acera; e aprobaron unha silla adaptable, e xusto despois se puxeron en contacto con Íntegro para que me denunciaran.”
“Non puiden facer comida, nin para min, nin para facer para o local, co que perdín a toda a xente dos pinchos, durante 3 meses, porque o tubo da saída de fumes non chegaba ao alto do edificio. Un día o alcalde mandoume un whastapp dicindo que se non o poñía en 10 me pechaba o local. Mandei o albañil e cando o puxen, as veciñas dixéronme que a comunidade non me permitía facer esa obra…”

”O cumio foi cando me pediu que lle suplicase ás veciñas se podía facer unha potiña para comer eu. O que me faltaba agora semellante humillación despois de todo o que me teñen feito”, di rotunda, a pesar de, recoñece, ter estado este tempo moi preto da depresión. “Dinme dende hai tempo que peche, que deixe de loitar, e ti vas calando, no queres problemas; pero canto máis calas, máis te pisan”.

Así ata este sábado 1 de xaneiro, cando recibiu un novo o aviso, de novo por whastapp, de que tiña que pechar en 24 horas. “Chamei a Garda Civil e me dixeron que eran un papel oficial, e xa lles dixen que pechaba pero que vou denunciar por ameazas e danos e perxuizos”.

Outra lea innecesaria na esperpéntica vida municipal pontecesá.

Novas relacionadas

Comentarios