Lois Carballido denuncia unha persecución contra o PSOE de Ponteceso


Denuncia hoxe o candidato á alcaldía de Ponteceso, Lois Carballido, unha persecución contra os membros da súa lista. A Consellería de Educación abriu un expediente a Carballido como director do IES Agra Raíces, tralas denuncias públicas do pasado mes de novembro. Vense de saber ademais que a sanción imposta a Carballido é de 3 de meses sen emprego e soldo. Pero non é o único do seu grupo.
O número 2 da lista socialista, José Santos Rial, tamén ten expedientes urbanísticos abertos. O número 3, José Rafael Mato Pet, está denunciado polo penal polo Alcalde de Ponteceso por delito de calumnias. E a número 5, Estrella Ferreiro Vázquez, foi ameazada cunha inspección de medio ambiente na súa explotación gandeira diante de cincuenta testemuñas, no turno de preguntas o pasado dous de maio tras da celebración do debate do POL en Ponteceso.
Para o PSOE é un xeito do PP de "aferrarse ao poder".
Novas relacionadas
- Carballido destaca na súa presentación que o Concello de Ponteceso perdeu tanta poboación como Corme.
- Todas as Listas en Ponteceso.
Fonte
- Nota de prensa do PSOE de Ponteceso.