Lois Carballido seguirá sendo mestre de inglés se gaña as eleccións en Ponteceso

”Confianza absoluta no líder para formar un equipo de goberno renovado” e “a aceptación dun Plan Económico Estricto para baixar os impostos ós veciños de Ponteceso, onde o Alcalde vai ser o primeiro en dar exemplo: se o PSOE gaña as eleccións o Alcalde vai seguir sendo profesor de inglés no CPI de Cabana de Bergantiños”.

Estas son as dúas as dúas condicións que pon Lois Carballido para seguir á fronte do PSOE de Ponteceso. Será, de novo, candidato á alcaldía, trala asemblea na que leu completo discurso. Discurso que centralizou na crise económica do Concello pontecesán, e na que pide un cambio para saír desta “nesta longa noite de pedra onde centos de pais e avós de Ponteceso están mirando cómo os seus descendentes van aguantar das propiedades máis caras de Bergantiños”.

I é que para Carballido os altos impostos municipais son unha das grandes lacras dun Concello gobernado dende hai máis de 20 anos polo PP, cando accedera a través dunha moción de censura con votos tránsfugas.

”Négome a aceptar que todos os políticos son iguais”, sinalou un Carballido.

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).