Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O PSdG da Costa da Morte coñeceu a Julio Sacristán

O PSdG da Costa da Morte coñeceu a Julio Sacristán
O PsdG reuniuse en Corcubion

O recentemente escollido secretario provincial do PSdeG-PSOE, Julio Sacristán, presidiu a pasada tarde en Corcubión a reunión de portavoces e secretarios xerais do partido nos nove concellos que integran a comarca da Costa da Morte (Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas) para analizar conxuntamente a situación política desta área e coordinar os traballos de cara ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio. Na reunión participaron ademáis o senador Javier Losada, a deputada no Congreso Paloma Rodríguez, o coordinador comarcal e deputado provincial Suso Campos, o vicesecretario xeral dos socialistas, Emilio Vázquez, e o secretario de Organización provincial, Bernardo Fernández.

O líder provincial do PSdeG anunciou que o partido presentará candidatura en todos os concellos da área e que, ademáis da elaboración dos programas electorais para cada municipio, están avanzando xa na redacción de propostas de ámbito comarcal nos principais temas de interese común como o desemprego, a emigración xuvenil ou o abandono que sofreu nos últimos anos o medio rural e o sector primario.

Os candidatos/as que integren as listas electorais, deberán ser refrendados polas respectivas asambleas locais entre o 6 e o 20 de febreiro.

Julio Sacristan e outros membros do PSdG en Corcubion

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

  • Nota de prensa do PSdG.

Comentarios