Martes. 27.10.2020
El tiempo

O BNG de Camariñas xa ten a súa cabeza de lista

O BNG de Camariñas xa ten a súa cabeza de lista
Ilva Carril candidata do BNG de Camarinas

Seguimos coñecendo novas caras que estarán presentes nas Eleccións Municipais de maio. E hoxe imos ata Camariñas, onde o BNG de Camariñas-Asemblea Aberta elexiu por unanimidade a Ilva Carril como cabeza de lista para as eleicións municipais.

Ilva Carril procede do movimiento asociativo e, segundo os seus compañeiros, “destacou sempre por manter unha defensa decidida dos intereses dos vecinos/as”. Durante estes anos encabezou a reclamación de melloras para o Concello de Camariñas como foron: A defensa do mantemento do servizo de pediatría, na defensa dos servizos públcos(Ensino, correios, sanidade), reparación e arranxo de parques infantiles, defensa decidida dos dereitos das mulleres. Encabezou a delegación do BNG para apoiar aos sectores productivos de Camariñas.

Lembran que tamén estivo presente en numerosos actos en defensa da nosa comarca (defensa para que a autovía chegue á Costa da Morte, mantemento da base de salvamento en Cee, contra a violencia ás mulleres etc…)

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Camariñas.

comentarios