Mércores. 22.01.2020
El tiempo

O BNG de Muxía xa ten candidato para as municipais de maio

O BNG de Muxía xa ten candidato para as municipais de maio
Carlos Concheiro voceiro do BNG de Muxia

Coñecíamos hai pouco a cara visible do BNG de Camariñas e do BNG de Malpica para estas eleccións municipais de maio de 2015. Outros concellos, como Vimianzo, Carnota, e Carballo apostan pola continudade do mandatario.

E hoxe imos ata Muxía, onde a asemblea local do BNG vén de elixir, por unanimidade, a Carlos Fernández Concheiro como cabeza de lista e candidato a alcaldía. Fernández Concheiro, activista cultural dende fai moito tempo, é arquitecto e mestre no instituto de Baio, vicerresponsable comarcal, membro do consello nacional do Bng e responsable de política municipal no Bng Costa da Morte.

Elixido o cabeza da lista, o BNG de Muxía segue a traballar na confección da lista da candidatura do Bng-Asembleas Abertas, na que unha boa parte da mesma será mulleres e homes non afiliadas/os a fronte. En poucas semanas se saberá definitivamente a súa confección.

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.

Comentarios