Manuel Gago liberou aos Viquingos de Bergantiños
Esta pasada fin de semana, A Tenda dos Libros, en Ponteceso, acollía unha das súas conferencias deste outono cultural. O protagonista foi un dos blogueiros máis influíntes do país, un coñecido e namorado da nosa bisbarra, que hai pouco nos concedía unha interesante entrevista. Foi Pepe Albores o responsable de presentar ao poñente, Manuel Gago.
A charla deste pasado 14 de outubro rondaba sobre o mundo viquingo en Galicia, ese gran descoñecido. Baixo o título da “República dos Homes Libres”, Gago cuestionou a imaxe dos vikingos ofrecida en Galicia polas fontes máis coñecidas, as eclesiásticas, e repasou outras fontes da época que informan de xeitos de proceder máis complexos por parte dos piratas: desde comerciantes ata secuestradores ou mercenarios, conformando unha visión máis complexo do fenómeno da piratería normanda.
E por iso, por non estar reflexados nas escrituras eclesiásticas, non se atopan xacementos nin outras probas que fagan referencia a estes tempos. E precisamente sobre xacementos pode que en breve salten novas rotundamente impactantes sobre algún achádego histórico, mentres os especialistas agardan que se explore a estrana formación circular do Cabo C.
Gago os representa como negociantes, non só como mercenarios arrasadores, como parece ser a súa fama na Europa sureña, e aludiu a algunhas sagas vikingas que aluden á colaboración entre labregos galegos e normandos.
Tivo tempo para falar de petroglifos, un dos grandes misterios do noso país. E tamén de Castelos, castelos construídos en zonas de difícil aceso, con fortalezas onde os tramos de muro altérnanse con gratino auténtico das montañas galegas. Por suposto, os 3 castelos recén descubertos no Monte Pindo foron os protagonistas.
Agardamos pois achegalo a outras partes da bisbarra nos vindeiros tempos, para que todo o seu saber se espalle pola zona.
Novas relacionadas
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas”.
- Descobren un terceiro castelo no Monte Pindo formando unha gran fortaleza amurallada.
- O especialistas solicitan unha sondaxe arqueolóxica na estraña formación circular do Cabo C.
- Carlos Callón, Manuel Gago e Óscar de Souto no outono cultural da Libraría A Tenda do Libros.
Historias das Repúblicas de Homes Libres en www.manuelgago.org
- No corazón do xigante (e III): a Terceira Fortaleza do Pindo.
- Repúblicas de Homes Libres: as arquitecturas imaxinarias.
- Repúblicas de Homes Libres: o problema das dimensións.
- Repúblicas de Homes Libres: O misterio Moutillós.
- Repúblicas de Homes Libres: as Motas galegas.
- Repúblicas de Homes Libres: a plebs e os castella tutiora.
- Repúblicas de Homes Libres: Pero que raio significa este círculo?.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).