Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Mato deixa o Ponteceso nas mans de David Velo

Mato deixa o Ponteceso nas mans de David Velo
Mato deixa camino a David Velo a fronte do Ponteceso

Parece que o Ponteceso non vai deixar de apostar pola canteira. Pero Mato vén de decidir deixar paso a David Velo ao cargo do cadro pontecesán. Malia que o futuro é prometedor, a realidade é que o equipo está pechacancelas da 1ª Autonómica e cunha liña de resultados bastante negativa.

David Velo, o segundo de a bordo, toma o mando. Un Velo que seguro que continúa o valente legado de Mato de apostar pola mocidade, e sobre todo pola xente da casa, facendo un clube moito máis achegado ao pobo que aqueles "grandes pontecesos" de anos atrás.

Mato é o quinto cambio nos cromos dos bancos costeiros. Antes Manolito substiuía a Felipe no Soneira. Un Felipe que sen tempo a descansar suplía e Alex Romero á fronte do Volantes, ao que lle pasaba o mesmo tomando o mando dun Mazaricos que prescindía de Couso. O primeiro relevo da tempada foi o de Senra por Nito no Corcubión.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios