Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Mato (PP Ponteceso):  "O Concello necesita volver á normalidade política"

Pechamos a campaña falando co novo candidato do PP de Ponteceso, José Manuel Mato, en clave de programa e de como mellorar a atmósfera política nun concello que se ten convertido nun sainete.
Jose Manuel Mato PP Ponteceso
Mato (PP Ponteceso):  "O Concello necesita volver á normalidade política"

No debate do martes puiden expoñerlle aos veciños o noso programa e defender as nosas ideas. Os debates son un signo de normalidade democrática. Grazas a eles podemos compartir coa veciñanza os distintos puntos de vista de todas as forzas políticas.

 
  • QPC: Como está sendo esta primeira experiencia no mundo da política?

Esgotadora pero moi enriquecedora. Poder falar cos meus veciños, coñecer as súas necesidades e poder aportar o meu grao de area para que se leven a cabo e realmente reconfortante.

 
  • QPC: Un home do mundo da empresa coma ti, e do fútbol, que diferencias atopas entre os 3 sectores?

As decisións que tomas na túa empresa aféctanche a ti e a un entorno moi cércano, en cambio as decisións que tomes en política poden afectar a moitas persoas por iso a responsabilidade é moito maior. Con respecto ao fútbol hai unha diferencia grande no fútbol sales a ganar, o equipo ten que facerse ver, demostras o bo que es no campo. En política non sempre se ve o traballo que hai detrás. Hai que priorizar, a veces hai que deixar de facer unha obra para poder atender un maior.

 
  • QPC: Xa falando de cousas serias: Que é o máis prioritario que necesita o Concello de Ponteceso a día de hoxe?

Primeiro volver a normalidade política, que haxa comunicación entre as distintas forzas para poder chegar a acordos polo ben dos veciños. Para nos o prioritario do noso programa é atender aos nosos maiores.

 
  • QPC: Resúmenos a túa postura para mellorar o clima político?

Para mellorar o ambiente político temos que empezar por respectar o resto de forzas políticas. ¿Como se respectan? Enviando a acta do orde do día da sesión plenaria co tempo suficiente para que o podan analizar, facilitándolle a información que soliciten, tendo reunións periódicas con tódolos grupo co obxectivo de ter claros os puntos en común para poder chegar a acordos.
A alcaldía e o salón de plenos son os lugares onde os veciños podan contar os seus problemas e teñan a súa privacidade. Creemos que un bo alcalde é aquel que non solo goberna con maioría absoluta si non que é capaz de escoitar as distintas opinións e chegar a acordos polo ben do Concello.
O que necesita Ponteceso é un goberno firme cun claro propósito: atender as necesidades de todos e cada un dos veciños e que teña a habilidade de liderar, escoitar e negociar co restos dos partidos para ir na mesma dirección.

 
  • QPC: Falabas de baixar os impostos. Explica aí.

Baixaremos os impostos tan pronto as necesidades do concello o permitan e a situación económica este arreglada. Queremos que a xente xove se asente no Concello, creemos importante unha baixada para que poidan construír aquí as súas vivendas, que teñan vantaxes a hora de emprender e témoslle que dar as facilidades para os trámites administrativos.

 
  • QPC: Resúmenos ese programa sobre o que dixeches que “se non o cumplo, non me volvo a presentar”.

Escoitamos a todos os veciños, estas son as súas necesidades, fomos as administracións informarnos de todas as axudas que hai para conseguilo, preparámolo estudiamos a súa viabilidade e de ahí ben o programa. Despois de todo este traballo se non consigo chegar é que non son a persoa adecuada para gobernar.

 
  • QPC: En clave de turismo, facías varias propostas tamén.

Apostar polo camiño dos faros como fonte de turismo.
Sinalaremos e faremos o mantemento das rutas megalíticas.
A imaxe de Pondal presidirá a entrada do noso Concello e toda a sinalización recordará que estamos na terra de Pondal.
A casa natal de Mourelle de la Rúa, dunha vez que a titularidade pase a titularidade municipal será rehabilitada e converterase no museo de vela.
Poñeremos a caseta de turismo na Praza do Recheo para dar a coñecer os puntos de interese do noso concello.
Potenciaremos a festa do percebe e tramitaremos o expediente para declarala de interés turístico nacional.

 
  • QPC: Para as entidades tendes pensado algo?

A fundación Eduardo Pondal será a nai do asociacionismo que estará formada por todalas asociacións e representada por membros das nosas parroquias. Tratase dun proxecto global cuns criterios obxectivos donde os membros decidiran como se repartirán os recursos e donde se creará un calendario de actividades e festas para todas as parroquias.
Crearemos a fundación para o deporte donde estarán representadas todas as entidades deportivas do noso concello.

 
  • QPC: Cales son as liñas principais en materia de Servizos Sociais?

A casa do maior.
Vivendas sociais.
Incorporar a unidade de atención Temperá.
Que o SAF chegue o 100% de persoas dependetes.
Comedor sobre rodas.

Comentarios