Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Afectos y canciones. Victoria Carande

Afectos y canciones. Victoria Carande

Hai anos coñecin a B. Victor Carande através do seu fillo Manuel. B. V. Carande foi un intelectual e persoa da cultura extremeña, que dirixía a revista Alor Novísima, na que me convidou a colaborar cun pequeno ensaio sobre o mar na literatura galega, ao que accedin agradecido e curioso. A sorpresa agradável foi que B V Carande pediume que o traballo fora redixido en galego, como unha particular homenaxe súa á nosa cultura. A familia Carande ten unha relación afectiva coa nosa terra e a nosa língua o que pola miña banda é algo recíproco, pois eu manteño tamén unha relación afectiva con Exrremadura, a súa paisaxe, cultura, a beleza da súa terra e a presenza da nosa lingua en Valverde del Fresno e outros lugares achegados.

Victoria Carande é poeta de longo percorrido, autora de varios poemarios, e con presenza constante nas redes na entrega de poemas inéditos. O libro de poemas sobre o que agora escrevo desde a miña relación como lector, Afectos y canciones (Ediciones escondidas, 2021), está prologado por Julio Llamazares, un autor querido para min a quen tiven ocasión de coñecer na Coruña con motivo da presentazón dun seu livro. O prólogo, moi fermoso, acerta, ao meu parecer, cos trazos que definen a obra de Victoria, tanto no estilo como nos aspectos temáticos: o carácter autobiográfico, o amor, a liberdade, o paso do tempo. Tamén sinala Llamazares, no emotivo prólogo, a melancolía e a ensoñación como eixos fulcrais do poemario, Citamos os últimos versos do poema “Adioses” e a eternidade dos instantes roubados: Hay una eternidad entre sus muros/que va siempre conmigo.

Tamén certa desesperanza. Esas augas do desespero nas que a poeta, a veces, molla o seu pincel.

No poema “Tilo”, a árvore que sempre levamos en nós, na nosa memoria. O tilo repetido, simultáneo, en el, sombra ou perfume, sempre levamos a saudade do ouro de xuño, aqueles días que nos apreixaron para sempre. O poema, citado e comentado por Llamazares no limiar, é o poema fulcral do fermoso poemario de Victoria Lemos o poema e voltamos a el entre as páxinas. Yeats levaba o mar sempre no seu corazón. Ese mar que Victoria Carande di que é onde sonan os nomes de todos os ancestros.

Gustoume o último poema, “Septiembre”. Hai nel unha atmosfera, un modo de expresar esa emoción, que me resulta moi achegada. Como todo aquilo en que a poeta recolle para recrear ou evocar unha paisaxe, interna e externa, tan íntima sempre. Hai épocas do ano que son un lugar polo que o tempo discorre. Di o poema. Ás veces faisenos difícil establecer as categorías espazo e tempo, que en nós, na nosa experiencia emocional, expresan cousas idénticas:

Este mes más que un tiempo es un lugar
En él habito como en una casa
Y no quiero salir
(…)
Hay que buscar lo eterno y cultivar lo efímero

 

Poesía fonda, reflexiva, que profundiza na esencial realidade das cousas, para, desde ese lugar, tirar significados, Así, o breve poema “Golpe de viento”, o destino que nos visita “cualquier noche sin nombre”.

 

OUTROS ARTIGOS DE MIGUEL ANXO MATO FONDO

Comentarios