mércores. 14.05.2025
El tiempo

Novembro chega cun Outono Pondaliano completo

Novembro chega cun Outono Pondaliano completo
Outono Pondaliano 2013

Xa temos o programa do "Outono Pondaliano 2013", ese programa mediante o cal a activísima Fundación Eduardo Pondal chega a toda a veciñanza con actividades de toda índole e condición. E cuns nomes que dan conta do potencial desta gala aldea do Couto.
Do 3 ao 30 de novembro a cultura invadirá a lareira, sendo o protagonista o "XVII Simposio Pondaliano", que protagonizará todas as tardes do martes do mes.

E haberá un pouco de todo, comezando o día 3 de novembro cunha sesión de Igualdade e Conciliación da man de María Canosa, que presentará o seu novo "Acuario".

As actvidades chegarán tamén aos centros de ensino, e Pedro Brandariz o que faga rir aos pequenos do CEIP As Forcadas de Corme, e Yolanda Castaño a que faña soñar aos rapaces do IES Ponteceso.
O mesmo martes 5 de novembro arrincará ese "XVII Simposio Pondaliano" na Fundación, con Yolanda Castaño precisaente e de seguido co programa EducaBarrié, no que este ano participa, e aí vai unha nova importante, a Fundación. Todo ca presencia da Tenda dos Libros con libros pondalianos, e das exposicións de Xesús e Teresa Búa.
O segundo mes tocaralle a Manuel Ferreiro analizar a linguaxe do himno galego e a Mercedes Queixas falar a literatura galega na rede.
Xa nos poñemos no 19 de novembro cando X. Alonso Montero volverá analizar o himno , para deixar camiño a duas presentacións de sendos libros, os de Xosé Pumar Gándara sobre Bergantiños e o de Xan Fernández Carrera da "Unidade Didáctica de López Abente.

O 26 de novembro o protagonismo o colle a arqueoloxía social e os cativos do Concello poderán disfrutar dunha sesión no Castro Croas de Niñóns. Ademais Neira Vilas manterá un encontro cos alumnos do IES Ponteceso.

O Simposio pecharase o sábado 20 de novembro, cunha ruta pola cidade da Coruña, mentres que pola tarde terá lugar unha mesa con Luís Giadás e Xabier Docampo sobre o mito de Breogán na vila herculina.

Outono Pondaliano interior

Novas relacionadas

Fonte

  • Fundación Eduardo Pondal.

Comentarios