luns. 12.05.2025
El tiempo

Novo curso na Escola de Nais e Pais de Ponteceso

Novo curso na Escola de Nais e Pais de Ponteceso
Escola de Pais e Nais en Ponteceso

En poucos sitios aprenden as cousas necesarias para ser pais e nais. E mira que acabamos sendo todos, ou case todos, pais e nais, pero cando chega o momento ninguén nos explica como se fai un biberón ou como se consegue facer durmir ao pequeno.

Neso están no Concello de Ponteceso, que abren un ano máis a súa Escola de Nais e Pais, que arrincará ás 17.30h do vindeiro mércores 19 de febreiro (e non de marzo como pon o cartel) cunha primeira xornada no Edificio das Escolas en Ponteceso.

Os/as interesados/as pódense anotar no Departamento de Educación Familiar ou chamando ao teléfono 981 714 000 (extensión 3).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios