Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O Barça conquista a praia de Nixeria con acento costeiro

O Barça conquista a praia de Nixeria con acento costeiro
O Barca de Futbol Praia na Copa Lagos de Nixeria

Aló foron, a Nixeira, a disputar a Copa Lagos de Fútbol Praia, e voltaron como campións. Tres xorgadores costeiros forman un tridente no Barcelona, levando esta disciplina por todo o mundo. Desta volta era un torneo de exhibición, pero esta xente non se toma nada de broma.

Alí estiveron o pontecesán Ramiro Amarelle, probablemente o mellor xogador da historia deste deporte, o carnotán Miguel Beiro, e o coruñés pero moi coñecido no fútbol da Costa, Nico Alvarado. Os tres formaron parte da expedición culé en terras nixerianas.

Atopáronse con máis de 35º e unha humidade tremenda, pero a calidade é a calidade. E se ben o nivel dos equipos locais era moi alto en canto ao físico, técnica e tacticamente teñen marxe de mellora. Polo que chegaron e venceron os 3 partidos, con 2 goles de Amarelle e 4 de Nico. Esperaremos ao vídeo, que sairá a finais de mes.

Resultados da #CopaLagos

  • Barcelona FC – Pespi Academic Team (PAC) (7-4)
  • Barcelona FC – Stationery Stores FC (STS) (6-4)
  • Barcelona FC – Enyimba International FC (ENY) (9-2).

Unha experiencia única

O carnotan Miguel Beiro co Barca en Nixeria

O propio Miki Beiro cóntanos que "era a primeira vez que xogábamos en África! A organización do torneo era moi boa, o que contrastaba ca situación que alí se vive". En todo caso, e malia que no lugar de concentración viviron momentos moi intensos e moi cercanos á poboación local, "por seguridade e por desgracia, pouco vimos da cidade".

En canto ao deportivo, recoñece que "ao ser un torneo amistoso, procurouse primar o espectáculo por diante do resultado". Pero para el é toda unha honra. "A nivel persoal, sempre é un pracer xogar con Nico e Rami, pasaron de ser eses cos que flipaba no verán vendoos na tele, a ser meus amigos, e poder xogar con eles no Barça. Creo que o fútbol Praia en España é o que é grazas a eles, e nunca se lle vai recoñecer".

Miguel e compañía queren aproveitar para agradecer ao Concello de Arteixo, que está botando unha man a parte do equipo cun campo permanente na Praia de Sabón.

Seguinte cita, en Barcelona

Xa están de volta en casa e iso que contaban con seguir de ruta co equipo pois estaba pendiente o Mundialito de Río, pero foi aprazado por problemas de organización.

De tódolos xeitos, en principio e case 100% confirmado, haberá un torneo internacional en primavera en Barcelona. De feito esta semana definese todo o calendario de 2015. E alí estarán os nosos representantes.

Aquí vemos como os nosos xogadores foron tratados como auténticas estrellas polas televisións locais (“só faltan os ceros na nómina”, valoran os protagonistas….):

Iso si, por Nixeira eran tan importantes as cheerleaders como os xogadores…

Máis info

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios