O Centro da ESO de Ponteceso será un novo espazo cultural

09:21 28/02/11

Novo espazo cultural na vila de Pondal. I é que tras ser desafectado, o antigo centro educativo da ESO de Ponteceso, pasa a ser propiedade do Concello e será destinado a varios proxectos culturais e deportivos:
- Albergará a Escola Municipal de Música. Para ofrecer un espazo de mellor calidade a esta escola, habilitarase unha aula equipada para satisfacer as necesidades dos alumnos/as desta escola.
- Albergará a Escola de Danza. Un proxecto que o Concello presentará en vindeiras datas.
- Albergará un Ximnasio Municipal. Será o primeiro xinmansio municipal que se instale no termo municipal.
- Habilitaranse espazos de usos múltiples para disfrute da poboación.
Novas relacionadas
- A rede wifi de Ponteceso conta xa con 200 usuarios.
- Un gran Desfile recuperará o Antroido de Ponteceso.
- Por que é necesaria unha candidatura independiente en Ponteceso?.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Ponteceso.