Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Corme Folki achega á maxia da Furna dos Encantos ao pobo

O Corme Folki achega á maxia da Furna dos Encantos ao pobo
Noite dos Encantos na Furna do Osmo Así lucía un dos pasados anos a Noite dos Encantos na Furna do Osmo Cartel Corme folki 2017

Escoitar música nunha furna cos pés na area ten que ser si ou si especial. Así é a singular proposta que levan traendo dende hai 17 anos “As da furna”, un grupo de amantes da música que volven un ano máis con forzas renovadas. Volven evolucionando aquela "Noite de Encanos na Furna do Osmo ao "Corme Folki", pero a esencia é a mesma. Música, area, candelas, e a gozar da maxia.

Este ano hai “un pequeno cambio de formato, mais non de enerxía”, como nos conta Raimundo Sabate, “intentando achegar a festa ao pobo”, precisamente un dos cabalos de batalla dos últimos anos.

Coa complicidade dos Encantos, a fin de semana do 21 e 22 de xulo disfrutaranse de dúas xornadas de “música e cultura ceibe e autónoma”. A noitiña do venres haberá foliada e queimada na furma.

Xa o sábado será unha completa xornada multidisciplinar que encherá de boa onda a vila de Corme. Ao mediodía haberá foliada e sesión vermú na praza da Ribeira. Pola tarde, na mesma praza e no "Chiringuito do Osmo" teremos títeres, circo e talleres, e á noitiña toca disfrutar de 3 grupazos na praza da Ribeira.

Comenzarán o grupo franquicia da Furna: "Os Folkólicos", que con máis de 16 anos tocando en Corme xa nom precisan presentación... música de raíz, fusión de ritmos e moita boa enerxía. Seguirá a festa co grupo Ómbligo, chegado dende Madrid con violín, contrabaixo e guitarra que sorprenderán coa súa alegría e orixinalidade musical. E xa para rematar a noite, estarán a Guintervan, proxecto con xa moitos anos de vida, con músicos cunha ampla traxectoria noutras bandas, coma Os Quempallou.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios