O Couto, un experimento universitario para salvar ás aldeas de todo o mundo
Que a aldea gala do Couto é algo excepcional xa o tiñamos comprobado en innumerables ocasións. Pero descubrir que está a ser obxecto dun estudio universitario internacional de como salvar ás aldeas de todo o mundo, é toda unha alegría.
Deste xeito, un grupo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela está a traballar nun programa para o rexurdimento de aldeas rurais. Unindo as realidades mariñeiras de pobos de Chile cos da Costa da Morte, traballarán xuntos, por exemplo, no desenvolvemento da explotación das algas. Os paneles solares son outro dos cabalos de batalla deste estudio que pretende unir realidades, tecer redes e crear sinerxias que sirvan para manter vivas as aldeas de todo o mundo.
Loitando contra o envellecemento
Unha característica común destas dúas aldeas de Atacama (Chile) e O Couto (Galicia), como do resto de aldeas do mundo, é o envellecemento (da vila e dos seus habitantes) e a emigración. De aí a importancia de traballar a canteira, e xa vimos como 30 anos de actividade social e cultural dan resultados como o de Adrián Varela, un perfecto exemplo de que, traballando dende abaixo, formamos verdadeiros tesouros que, ademais, aman a terra. Unha demostración de que a cultura e os movementos sociais salvan aldeas.
Así e todo, a realidade é crúa. Apenas 4 ou 5 nenos quedan polas estreiras rúas do Couto, dos 50 que ateigaban o bus aló polos anos 70 e 80. Iso si, a cada actividade que fai a Fundación Eduardo Pondal ou a Asociación Monte Branco, auténticos motores culturais de Ponteceso e Bergantiños, a Casa dos Veciños ou a Lareira da Fundación énchese de cativos de toda a zona.
Os 70 habitantes que fican no lugar teñen idades avanzadas e apenas quedan media ducia de rapaces, que manteñen como heroes a súa vida rural. E iso que a agricultura de subsistencia xa non
Máis información
Novas relacionadas
- A Fundación Eduardo Pondal é galardoada co V Premio Rosalía de Castro de Lingua e Cultura.
- Adrián Varela, da canteira do Couto: “Non cremos o suficiente na nosa zona”.
- Festiletras 2014: A Aldea das Letras abre os ollos a outros mundos para seguir facendo país.
- Festiletras 2013: As grandes actuacións encheron a Aldea do Couto de Letras.
- Festiletras 2012: Cheo tras cheo no espectacular Festiletras da aldea do Couto.
- Festiletras 2011: Hai canteira para a Festa das Letras do Couto.
- A mocidade que forma.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- El País.