O Couto xa coñece aos ‘Bos e Xenerosos’ dos FestiLetras 2001


O programa das FestiLetras 2011, que organizan as asociación Monte Branco e a Fundación Eduardo Pondal, está piques de saír do forno xa que tan só resta pechar os últimos detalles. Non obstante, quedou decidido a qué persoeiros se lle entregarán os bustos pondalianos cos que a Fundación Eduardo Pondal leva uns anos recoñecendo o labor a prol da lingua e cultura galega.
Na mañá do domingo 15 de maio, recibirán esta distinción tres persoeiros da provincia de Pontevedra: Xesús Alonso Montero, Antía Cal e Xosé González Martínez. O acto terá lugar a partir das 12.45 h no monolito pondaliano do adro de Cospindo e no salón de actos da Fundación Eduardo Pondal. Será unha actividade aberta ó público que contará con animación musical.
Entre os persoeiros que xa recibiron esta distinción están Francisco Fernández del Riego (†), Xosé Neira Vilas, Anisia Miranda ou Bernardino Graña.
Novas relacionadas
- Os concellos de Bergantiños prepáranse para a IV Festa da Lingua.
- Sábado de lecturas animadas e recordos da Casa do Cura na Fundación Eduardo Pondal.
- Festiletras 2010: Un Festiletras de cine .
- Entrevista co Presidente da Asociación Monte Blanco, Xosé María Varela: "Este festival superou todas as espectativas".
- O FestiLetras do Couto demostra estar entre as citas máis importantes do país .
Fonte
- Nota de prensa da asociación Monte Branco e a Fundación Eduardo Pondal.