O Festival ConVdeValarés asina coa Axenda SON da Estrella Galicia e completa o cartel

10:55 04/03/11


O Cartel
O que tamén crece é o cartel. E repasando as bandas que pasarán por Valarés podemos asegurar que a festa está asegurada. E a vangarda, xa que as bandas que chegan son realmente rompedoras. Xa fumos coñecendo os primeiros artistas invitados, como son o mesmo Xoel, o dj tamén coruñés Fiumichino, e mais Eme Dj, recentemente nomeada como a mellor pincha nacional para os lectores da revista Rockdeluxe. I é que o Colectivo aproveita a posta en marcha do Festival como a propia campaña de promoción, e o éxito que está colleitando a través do seu Facebook é fantástico. Pero máis alá do pop máis tenro de Xoel e da electrónica dos pinchas de turno, as novas bandas anunciadas son tremendamente novedosas. Dende logo non van deixar a ninguén quietos, e a festa e a frescura serán as protagonistas. As novidades no cartel son as seguintes:Varry Brava
Aquí vos deixamos con Miedo, desta banda murciana, cunhas guitarras máis que divertidas e un pop fresco sen complexos.Anika Sade
Estes barceloneses traen unha new wave bastante punki.Guadalupe Plata
Dende Granada chega esta banda con gañas de romper moldes. Non perdades ollo deste vídeo, que contra o final demostra que van dan que falar...Máis información
Novas relacionadas
- Presentado o novo cartel do Festival Con V de Valarés con moito pop e electrónica.
- Nace a primeira Escola de Dj da Costa.
- ConVdeValarés 2010: As guitarras tomaron Valarés.
- Nordestazo 2010: O Nordestazou fixo tremer o porto de Malpica.
- A Axenda Sonora da Costa da Morte xa dá guerra polo Facebook.
- Noite Sonora para os festivaleiros da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).