O Monolito Pondaliano celebrou o seu XXX aniversario ben arroupado


Este domingo pechábase o programa de actividades polo XXX Aniversario do Monólito Pondaliano. E o facía co Roteiro Cívico Pondaliano que contou coa asistencia de numerosos colectivos sociais do concello e animación musical e poética, e que serviu como homenaxe a numerosos activos culturais do Concello.
O Roteiro partía do Recheo, coa concentración de todos os colectivos participantes. Trala benvida de Cristina Pet Martínez, Jesús Couto e Manuel Caridad puxeron a música de acordeón e violín coas pezas: “Xota de Ponteceso” e “Muiñeira de San Fins”. De seguido o grupo de música e danza da A.VV. Eduardo Pondal de Corme interpretou dúas pezas de baile: “Muiñeira do Molete” e “Muiñeira de Lugo”.

De aí, o roteiro partiu cara á avenida Eduardo Pondal pola zona do quiosco en dirección á capela. Polo camiño a banda de gaitas Inllar entobana o “Himno do Antigo Reino de Galicia” mentres soan as campás de Santa Mariña tocadas polo campaneiro da parroquia de Cospindo José Vázquez Rodríguez (Pepe de Arturo).
Un pouco de poesía
O roteiro seguiu cara o Patio da Casa de Pondal, onde agardaba a sesión máis poética. Cristina Pet Martínez deu paso a Silvia Losada Crende, que cantou o poema “Eu nacín na pequena Ponteceso”, acompañada de guitarra. Miguel Anxo Mato Fondo recitaba o poema “A campana de Anllóns”, Diana Varela Puñal facía o propio con “Polo baixo cantando”, e Miguel Anxo Calvo sacaba o seu acordeón diatónico para tocar a peza titulada “Asunción”. Finalmente a Banda de gaitas Inllar devolveu a música coa Muiñeira de “Freixido”.
Volvendo cara o recheo, a música tradicional foi a protagonista. Os Grupos de música e danza de Monte Branco tiraron de muiñeiras; Matilde Castro García e Benigno Veiga Doldán sacaron a lingua do parrafeo e o grupo de Raíces Combinadas de Limiñoa cantaron a muiñeira vella.
Tamén houbo teatro, cando Alba Costa Pérez, Tamara Lema Rodríguez e Esteban Rey escenificaron un fragmento d’A fonte da moura.
A última parada do roteiro era o propio Monolito pondaliano que está no xardín pertencente á obra de teatro de rúa Noites do prácido luar. Foi aí cando o Presidente da FEP, o alcalde Fondo Aguiar, fai entrega de agasallos homenaxe na frontal do monólito por parte do presidente. Cristina Pet vai nomeando un por un a cada homenaxeado.

Listaxe de homenaxeados XXX Aniversario Monólito Pondaliano
- Benigna Mourelle Mosqueira, viúva de Manuel Jesús Vázquez Barca, alcalde de Ponteceso en 1981.
- José Luís Suárez Cotelo, tesoureiro da comisión Homenaxe a Pondal en 1981 e compoñente do goberno municipal.
- José Manuel Pose Verdes, vocal da comisión Homenaxe a Pondal en 1981 e presidente da A.C. Río Anllóns, que declinou a presenza na entrega do agasallo.
- Gerardo Blanco Torrado, vocal da comisión Homenaxe a Pondal en 1981 e representante dos centros docentes.
- Manuel Puñal Garda, vocal da comisión Homenaxe a Pondal en 1981 e presidente da A.C. de Pazos.
- Miguel Anxo Mato Fondo, poeta e herdeiro literario en Ponteceso da figura de Eduardo Pondal.
- José Manuel Castro López, escultor formado na escola de pedreiros de Poio (Pontevedra), traballador no monólito pondaliano e representante do dos pedreiros que esculpiron as pedras do monumento.
- Isaac Díaz Pardo, que non puido achegarse a Ponteceso, ideador do formato do monólito pondaliano. pero que se lle achegará en vindeiros días ó seu domicilio de Sada.
- Jaime Valdés Parga, repesentante da familia Pondal na actualidade en Ponteceso.
Novas relacionadas
- A banda de gaitas Inllar celebra o seu fin de curso cunha saída ó Parque Acuático de Cerceda.
- Unha Noite do prácido luar encheu O Couto.
- De camiñada polo rego dos Muíños.
Fonte
- Nota de prensa da FEP.