Venres. 29.03.2024
El tiempo

O nenos de Ponteceso aprenden de asociacionismo e bibliotolerancia

O nenos de Ponteceso aprenden de asociacionismo e bibliotolerancia

Varias propostas enfocadas para os cativos en Ponteceso. Por unha banda a OMIX do Concello de Ponteceso, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, organiza unha xornada informativa. Xuntanza que irá de "Recursos da Xunta de Galicia en materia de Xuventude", dirixida ao alumnado de 4º da ESO, o mércores 16 de novembro de 11:50 a 13:30 h.

Os contidos son:

  • rede galega de información xuvenil.
  • rede de espazos xove de dinamización e emancipación xuvenil.
  • centros e instalacións xuvenís.
  • certames xuvenís.
  • promoción de asociacionismo xuvenil.
  • apoio aos estudantes.
  • carnés para a mocidade.
  • programas de formación.
  • intercambio xuvenil.
  • subvencións.

Sesión de bibliotolerancia

O martes 15 de novembro de 17:30 a 19:00 h celebramos, na biblioteca municipal, o “Día Internacional da Tolerancia” con unha exposición de material sobre a tolerancia e unha Lectura teatralizada de contos e representación da obra infantil “O país dos mandóns” a cargo da escola de teatro de Cabana.

A sesión está dirixida ao alumnado da escola municipal de teatro e a todas as familias en xeral.

Problemas na rede wifi

Debido aos problemas causados por unha tormenta a semana pasada, a estructura da rede Pontenwifi sufríu danos nun enlace ubicado en Valarés que impide operar con normalidade.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Ponteceso.

Comentarios