O Patronato da Fundación Torre-Pujales pide a comprensión da Xunta


Pendente dun fío está o Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte Fundación Torre-Pujales. A Agader reclama 80.000€ dunhas axudas que lle outorgara no seu día, por mor do retraso na súa inauguración. Unha débeda que poñe hoxendía o único museo destas características de toda a zona ao borde da desaparición.
Como medida de urxencia, o patronato puña onte á venda nunha subasta varias obras do artista homenaxeado, Julio Pujales, pero a subasta quedaba deserta.
Hoxe, o Patronato envíalle esta carta ao presidente da Xunta no que lle pide comprensión. Ataca onde doe, con todas esas mega infraestruturas completamente esquecidas, e valora que un proxecto social, un proxecto para a cidadanía coma este, non debería sufrir os atrancos dunha impersoal administración. Deixámosvos ca carta:
Carta Aberta ao Presidente Feijoo
Estimado Presidente:
Dirixímonos a Vostede por este medio na seguridade de que só desta forma poderá saber o tema que queremos suscitarlle. E facémolo acudindo a vostede en primeiro lugar como sucede que valora a cultura, como galego e como Presidente que pretende que o seu pobo teña o mellor, e por suposto que non perda o bo que xa ten.
Sen dúbida sabe da existencia do primeiro Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte e Comarca de Bergantiños, con sé en Corme, aínda que non o coñeza. Este Museo constitúese, baixo a denominación Fundación Torre-Pujales Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte, en outubro do 2006 pola xenerosa donación de Doña Cristina Torre Cervigón, que adquire o edificio, rehabilítao e dótao coa súa colección de arte privada mais a obra do seu marido, o pintor coruñés Jullo Pujales (1939-1998).
Este proxecto é a historia dunha utopía, que supuxo unha odisea de loitas e dificultades. A única colaboración que se tivo para a rehabilitación do edificio foron 80.000€ de fondos Feader, da Comunidade Europea, a través de Agader. O proxecto é unha realidade, fíxose un investimento de 600.000€ (que inclúen a subvención de Agader), a súa visita é gratuita, e ten gran número de visitantes, e a admiración e recoñecemento de quen o percorren, co consiguiente beneficio turístico e económico para a zona.
O noso único erro foi non inaugurar dentro do prazo marcado, por circunstancias imprevistas, entre outras a nova normativa que obrigaba a poñer ascensor, etc. pero a obra estaba realizada e nese periodo leváronse a cabo actos culturais e exposicións, que foron recolleitos abundantemente en prensa. Debido ao atraso na data de inauguración, reclamáronnos a subvención concedida, ante o cal presentamos recurso alegando as circunstancias que o impediron e o traballo realizado ata entón, pero nin sequera estimouse o valorar unha porcentaxe de incumplimiento (algo que se recollía nas bases xerais desas subvencións).
Logo de dous anos de loita todo resultou inútil, habéndose realizado, onte 21 de novembro, unha poxa de cadros que foron embargados ao Museo, e que quedou deserta, e si non se remedia, o paso seguinte supón a pechadura definitiva do Museo e as súas actividades.
Nós realizamos unha acción civil positiva para a comunidade, e considerámonos chivo expiatorio por unha falta menor cando hai múltiples exemplos de verdadeiros incumprimentos con subvencións concedidas procedentes de fondos comunitarios. Citamos só algúns exemplos:
- Cidade da Cultura, máis de 400.000.000€, sen terminar o proxecto, sen función permanente.
- Terminal de Lavacolla, máis de 200.000.000€, pechada, sen funcionar. A antiga non estaba en mal estado.
- Recinto ferial Herbón, 625.000€, sen uso durante 10 anos, agora utilízase unha vez ao ano pola festa do pimiento.
- Casa da Maxia en Ourense, 400.000€, pechada.
- Estación de autobuses de Celanova e da Garda, entre ambas máis de 1.000.000€. A primeira nunca se inaugurou e está sen servizo; a segunda inaugurouse pero tamén está sen servizo.
- Polígono de Morás, 75.000.000€; a administración non colocou nin unha parcela.
- Parking de Boqueira, 1.200.000€, ten filtraciones, non é rendible e nunca se abriu ao público.
- Depuradora de Guillarey, 7.000.000€, cinco anos parado, e 2.500.000? para repoñer os deterioros do abandono.
- Piscina municipal de Malpica, 1.200.000€, o seu mantemento anual supoñería 360.000?, non está en servizo.
- Cemiterio municipal de Ames, máis de 1.000.000€, non hai nin un só cadáver, realizouse sen ningún plan de xestión, e actualmente é un vertedero.
Estes datos que se fixeron públicos por distintos medios de comunicación, alcanzan un gasto case de 700.000.000€, e non se sabe que lles pediron responsabilidades, nin que devolvan o diñeiro.
Si é difícil soportar o non haber ter axuda da Administración, é moito peor a falta de colaboración e o atoparnos con trabas e impedimentos, o que implica unha oposición manifesta, desde todo punto de vista incomprensible e inaceptable.
Non é válido o argumento da falta de recursos. Poida que haxa unha mala distribución de fondos, o que implicaría o esixir responsabilidades, pero xa se sabe lobo non come lobo, só se procede contra os pequenos administrados. Como exemplo bastaría o mastodóntico gasto realizado no Gaiás, que por si só supuxo durante moitos anos o 90% do orzamento de cultura, sen ningún contido permanente, e a xuízo da maioría dos cidadáns un gasto innecesario.
Non queremos facer aquí a lista dos erros e incumplimientos realizados polas distintas Administracións na comarca, soamente estes exemplos son suficiente argumento como para desestimar a devolución que se nos pide, considerando que a cantidade íntegra foi dedicada para o que se concedeu.
Señor Feijóo, Señor Presidente. Estamos seguros de que Vostede descoñecía estes feitos, pero sabe da importancia da cultura para o pobo, e especialmente para a Costa dá Morte que foi e segue sendo unha comarca desatendida en moitos aspectos, e en especial no tema cultural. Confiamos que Vostede atope unha solución para salvar e facer posible que continúe activo o único Museo de Arte Contemporánea que hai nesa rexión, grazas á xenerosidade dunha galega, que fronte a tanta corrupción e despilfarro entregou o seu patrimonio para beneficio do pobo, ademais do esforzo e o traballo realizado gratuitamente por todos os membros que compoñen o Patronato da Fundación.
- Patronato da Fundación Torre Pujales.
Novas relacionadas
- Posta de longo en Madrid do Museo Torre Pujales de Corme.
- Unha cormelá en NY entre as 45 persoas máis influíntes do mundo no sistema da arte.
- Explicando a crise no MAC.
- A arte contemporánea xa ten o seu espazo na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).