O PSOE de Ponteceso impugnará unha selección de persoal no Concello
07:48 18/06/12
As 16 prazas de peóns de limpeza das praias de Ponteceso están no punto de mira da oposición. O PSOE afirma que impugnará a selección feita dende o Concello por dar máis valor ás entrevistas persoais que ao número de meses en paro dos candidatos.
Segundo denuncia o PSOE, "o Goberno negouse a consensuar as bases para garantir a transparencia" nunha moción presentada polo grupo opositor "para garantir a transparencia, ante a polémica que houbo o verán pasado coa selección de socorristas".
Segundo o PSOE "na plantilla de traballadores do Concello, podemos ver familiares dos concelleiros do PP e familiares de outros xa empregados do Concello".
Novas relacionadas
- 135 alumnos recollen máis de 500 quilos de lixo dos areais da Costa da Morte.
- Os soldos políticos de Ponteceso quedan como están.
- O PSOE de Ponteceso volve ao ataque por despilfarro municipal.
- Os maiores de Ponteceso póñense a contar.
Fonte
- Nota de prensa do PSOE de Ponteceso.