Venres. 05.06.2020
El tiempo

Os soldos políticos de Ponteceso quedan como están

Os soldos políticos de Ponteceso quedan como están

Novo pleno onte en Ponteceso, no que o tema central foron a posible redución dos soldos políticos. Unha proposta que, por certo, si se aprobaba en Camariñas, cunha baixada do 20% das 3 dedicacións. Pero non será así na vila de Pondal, onde o pleno, cos votos en contra do grupo de goberno, declinou a proposta do PSOE de rebaixar "os 200.000 euros que o Concello dedica cada ano a "gastos do equipo directivo do Concello".

Unha petición que chega da man do PSOE, que lembra "a magnitude dos máis de catro millóns a devolver en dez anos", e denuncia que o alcalde "manifesta unha clara actitude de desprecio do Alcalde á capacidade do Pleno para controlar a acción de goberno". "Ningunha das nosas preguntas e mocións no Pleno tiveron resposta (...) O PP non aprobou o debate de ningunha moción, non deixou debater os rogos e non contestou as preguntas do PSOE con datos senón con evasivas e ataques sen fundamento".

Afirman que tamén preguntaron pola mina de Corcoesto e o parque eólico, pero de novo "sen resposta".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE de Ponteceso.

comentarios