O PSOE de Ponteceso pide un debate público polo youtube sobre o POL

10:05 26/04/11

Continúa o POL sendo un dos principais focos de crispación en Ponteceso. Hoxe é o PSOE pontecesán o que solicita "un debate público entre os cinco candidatos sobre o POL, aberto ó público e retransmitido por radio e youtube".
O voceiro da oposición segue denuncianci que o "Alcalde que non defende os seus veciños, que mente sobre os planos, e que fuxe dun debate público co candidato do PSOE sobre o Plan do Litoral". E o di tralo pleno do pasado xoves, que se realizou en horario nocturno e ao que acodiron máis veciños que en horario de mediodía.Carballido quere debate público xa. "Os candidatos de API e Terra Galega debían insistir en que se celebre este debate en lugar de tentar arañar catro votos criticando á oposición de Ponteceso. Ese debate ten que celebrarse no Salón de Plenos, grabarse en internet e subilo a Youtube".
As supostas "mentiras" do alcalde
E vai máis alá, asegurando que o alcalde contaba ata "5 mentiras" durante o pleno:
- 1. “A mellora ambiental do POL permite construir onde antes non se podía”. Algo que para a oposición é "xusto o contrario" xa que a normativa rebaixaría a edificabilidade en zonas como o núcleo de Balarés e os montes de Corme a Ponteceso.
- 2. “Os planos con zona branca que teño eu son os novos, os outros que ten Santos [concelleiro do PSOE ] xa non valen”. Segundo Carballido os planos que ten o PSOE no seu poder si que valen pois indican as zonas de futura incorporación ao POL.
- 3. “O mapa urbano do PXOM inicial de Ponteceso que foi á Avaliación Ambiental na Xunta é orientativo”. Algo "Absolutamente falso" para a oposición, que asegura que "a avaliación ambiental é vinculante".
- 4. “Un técnico elaborou eses planos.” Segundo o PSOE "a empresa Monteoliva, que contratou o Alcalde para elaborar o novo PXOM, ten relación co alcalde porque Fondo Aguiar traballou para ela no pasado".
- 5. “As hectáreas do POL son a rede natura”. Santos asegurou que "o POL (1513 HA) afecta a 400 hectáreas máis que a rede natura (1100 HA) en Ponteceso".
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do PSOE de Ponteceso.