Xoves. 09.05.2024
El tiempo

O PSOE pontecesán critica o abandono das instalacións do Pinguel e do Cairo

O PSOE pontecesán critica o abandono das instalacións do Pinguel e do Cairo

O novo candiato do PSOE de Ponteceso, Lois Carballido, vén de comprobar directamente o estado das instalacións deportivas municipais de Ponteceso. Carballido denuncia o que entende por "abandono" por parte municipal, e lembra os problemas de afundimento do campo de fútbol do Pinguel.

Carballido denuncia que no campo "hai unha grieta recorre de lado a lado o campo por baixo do céspede e mesmo a grada está agrietada. Non sei se este afundimento é debido ó contínuo movimento de terras que se está producindo detrás do estadio do Pinguel, con contínuos recheos no xuncal", apunta.

Lembra que son máis de 90 rapaces os que xogan nas categorías de fútbol base de Ponteceso.

Problemas no Cairo

O estadio do Cairo, en Corme, carece da iluminación necesaria para poder entrenar polas tardes no inverno. Ademáis, segundo denuncia Carballido, "o borde asfaltado tan próximo á zona de xogo (30 cm) supón un grave perigo de lesións para os xogadores".

Nesa liña sinala que "é necesario instalar un borde de corcho ou outro material que os protexa das lesións, así como elaborar de forma urxente, un proxecto de instalación de iluminación para que os rapaces e afecionados de Corme poidan disfrutar do campo tamén nas tardes de inverno". E tamén fala dos vestiarios, que amosan "un estado lamentable, especialmente o falso teito".

Lembra que hai máis dun ano caeu o muro do campo do Cairo pero denuncian que "a obra de consolidación do campo de fútbol do Cairo de Corme quedou a medias. Os pilares que se ían construir para que non caera tamén o muro lateral, están en estructura metálica pero non se acabaron de construir". remata.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios