![Visita institucional ao punto limpo de vimianzo]()
Visita institucional ao punto limpo de vimianzo
Está desenvolvéndose un completo programa de dinamización do punto limpo de Vimianzo que vai ir casa por casa para fomentar a súa utilización por parte dos veciños. Un punto limpo, situado no revivido polígono, que xa ten practicamente rematada, unha cuberta e almacén.
Así o comprobaron o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, que visitaron o parque e anunciaron que a obra se fai con 92.000€ de axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
A liña de axudas tamén permitiu facer diferentes obras noutros concellos da zona, como a enovación de pluviais no polígono industrial de Ponteceso, e a mellora da xestión de residuos no polígono industrial do Allo.
CARBALLO- COSTA DA MORTE
CONCELLO |
TÍTULO |
AXUDA CONCEDIDA |
PONTECESO |
RENOVACIÓN DA REDE DE PLUVIAIS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE TELLA |
48.399,99 € |
VIMIANZO |
CUBERTA E ALMACÉN PARA APOIO DA INSTALACIÓN DE PUNTO LIMPO EN VIMIANZO |
91.185,98 € |
ZAS |
MELLORA DA XESTIÓN DE RESIDUOS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DO ALLO |
17.313,36 € |
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/vimianzo-estrea-punto-limpo/