Os maiores de Ponteceso volven á Escola

08:05 10/01/14

Para aprender non hai idade. Iso o teñen claro os maiores de Ponteceso que comezan o vindeiro 17 de xaneiro coas novas actividades da Escola Municipal da Terceira Idade no Edificio das Escolas en Ponteceso.
As clases serán de cuidados persoais, deporte para a terceira idade, obradoiros de estimulación da memoria, saídas culturais e novas tecnoloxías orientadas á terceira idade.
Se queres participar, podes inscribirte no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ponteceso, na Casa do Concello, ou chamando ao 981 714 000 ext.3. Tamén poden realizar a inscrición en liña.
Novas relacionadas
- A emigración une en solidariedade a Corme e Pasaia.
- Os maiores de Ponteceso soben ao carro de Susa da Chasca.