Luns. 25.01.2021
El tiempo

Paisaxes Pondalianas ameazadas polos eólicos

Carlos Penedo Casmartiño volve para denunciar a afectación do Parque Eólico das Salgueiras
Vistas dende o Monte Branco, lugar ameazado polo parque eólico das Salgueiras
Vistas dende o Monte Branco, lugar ameazado polo parque eólico das Salgueiras
Paisaxes Pondalianas ameazadas polos eólicos

“Montes, non me conocedes,
non me conocedes, chousas
de Balarés e As Salgueiras,
e de Gondomil, ti, costa,
pronde cando era pequeño,
con unha gorra de lontra,
perseguía as lebres tímidas
pelas vosas rudas camposas?”
Eduardo Pondal

 

Montes con legado cultural e pasaxístico témolos no concello de Ponteceso. Un deles é o monte As Salgueiras.

Temos legado dende a idade de bronce, uns petróglifos ilustran o dato. Na idade megalítica temos constancia por dúas mámoas no monte ACarballa, con unha intervención arqueolóxica daríamos conta dun castro nuha situación moi estratéxica.

A cristianización aporta ao legado do monte Salgueiras unha serie de simbolos de contido arqueolóxico destinados ao dominio relixioso e cultural.Antiga capela de San Adrian Vello, de este santo nace a lenda de San Adrian e as serpes.Cruz e cruceiro das Salgueiras,Pondal fai referencia a este cruceiro da seguinte maneira: O cruceiro é o limete entre Corme e Cospindo, onde facían os tratos das reses, atando a vaca, o boi, ou o cuxo ao varal do cruceiro namentres chocabanas mans compradores e vendedores.

O chan do mote esta cruzado polo camiño rea, camiño das pescas. As pescas de Corme levaban o peixe O Couto.

De singularidade especial son os Cantís do Canteiro, un espazo de interese paisaxístico, protexido no POL (Plan de Ordenación do Litoral). Ademais comtempla a protección de vexetación de ladeira.

Aqui a Xunta de non sei onde, quere implantar un parque éolico de 6 aeroxeradores de principio, que poden chegar ata 50 ou máis. Todo o anterior descrito queda fóra de combate e o monte con legado cultural e paisaxístico pasa a charmarse parque eólico Salgueiras.

O parque linda coa Rede Natura, co Monte Branco, co Esteiro do Anllóns, coa praia de Balarés, cos Cantís do Canteiro, coas Brañas de Gondomil. Por tanto, necesia unha avaliación sobre as repercusión sobre a Rede Natura que non se realizou. Por iso o parque eólico Salgueiras é ilegal.

Deixo para o final a participación veciñal neste proxecto eólico. É nula, só participamos na elaboración das alegacións que nunha porcentaxe moi elevada non contestan, nin á Xunta, nin ao concello.

Estamos ante un negocio que políticos e empresas eólicas xogan a quen saca mellor tallada. O modelo eólico é especulativo, inxusto e anti democrático.

Homenaxe a Pondal dende Ponteceso

  • Carlos Penedo Casmartiño. Rede Galega por un Rural Vivo.

Novas sobre os eólicos

comentarios