Martes. 23.04.2024
El tiempo

“O parque eólico Salgueiras é ilegal que cada representante político e social asuma súas responsabilidades”

O polémico Parque Eólico das Salgueiras segue provocando que entidades e veciños levanten á voz. Hoxe volve ser Carlos Penedo Casmartiño, ex concelleiro polo BNG en Ponteceso e membro da Rede Galega por un Rural Vivo, o que amosa aquí a súa disconformidade co proxecto.
O parque eolico de Salgueiras ten a 2km o de COrme
O parque eólico de Salgueiras ten a 2km o de Corme
“O parque eólico Salgueiras é ilegal que cada representante político e social asuma súas responsabilidades”

”O territorio convertese en algo máis que un espazo físico, representa as raices, os recordos, as relacions humanas, a privacidade, a identidade.
George Schaller. Biólogo

 

Quero empezar miña preocupación e inquedanza coas palabras de George Schaller. Toda a vida, xeración tras xeración o monte As Salgueiras sempre foi así. Monte Branco, esteiro do Anllóns (monumento natural), praia de Balarés, as brañas de Gondomil e os Cantís do Canteiro sempre, de avos a pais, de país a fillos sempre foron os protagonistas. Agradecidos e felices estamos por ofrecernos uha fermosura inigualable.

Parece que hai unha empresa eólica que quere cambiar todo. Todo, significa que o protagonismo, citado anteriormente,pasa do monumento natural do esteiro do Anllóns, a seis aeroxeradores eólicos protagonistas por imposición.

Se isto vai ser asi, porqué Xunta, Concello non informan aos afectados do porqué deeste cambio, por que destrozan noso territorio, de beleza paisaxistica e natural de primeiro orde, de toda a vida sen dar conta do porqué.

O parque eólico Salgueiras é ilegal que cada representante político e social asuma súas responsabilidades, eu como veciño reponsable téñoas asumidas.

  • Carlos Penedo Casmartiño, ex concelleiro polo BNG en Ponteceso e membro da Rede Galega por un Rural Vivo.

Novas relacionadas dos Parques Eólicos de Corme

Comentarios