Pechada a Casa do Concello de Ponteceso por un positivo de COVID

18:12 20/10/20
Ponteceso está en nivel de alerta 0 por COVID. Ten menos de 7 casos activos, pero un deles vén de obrigar o peche da casa consistorial. Unha persoa que traballa nas oficinas do Concello pontecesán vén de dar positivo por covid-19, situación ante a cal o Concello decide pechar as oficinas ata novo aviso, así como as da Biblioteca.
Agora a atención será de xeito telefónico de 9.00 a 14.00 horas, e a través da sede electrónica https://sede.ponteceso.gal/ as 24hs.
O Concello invita a todas as persoas que acodiron ao Concello estes días que sigan as recomendacións xerais.
NOVAS RELACIONADAS
- 20-10-2020: Vimianzo tamén sobe ao Nivel 1 de alerta sanitaria por COVID
- 17-10-2020: COVID: Laracha volve ao nivel 3 de alerta.
- 16-10-2020: COVID: Zas únese aos concellos que teñen Nivel de Alerta 1.
- 14-10-2020: COVID: Malpica e Coristanco ascenden ao nivel 1 de alerta
- 13-10-2020: A Laracha, Carballo e Muros, os únicos concellos da comarca que seguen afectados polo Covid.
- 16-09-20: Os Concellos de Carballo, Laracha, Laxe e Ponteceso quedan libres de restricións covid.