Ponteceso celebrará un Entroido de Disfraces

08:15 10/02/12

Non para Ponteceso. Se esta fin de semana ten interesantes citas co Campionato de Tirabalas e coa Xornada de Judo da Costa, a vindeira preséntase chea de maxia.
O XVIII Desfile de Disfraces do Entroido pontecesán celébrase o domingo 19 de febreiro no Pavillón de Ponteceso. A partir das 17:00h, que sairá da Praaza do Relleno, os disfraces compartirán protagonismo co chocolate, as rocas, os xogos e os inchables.
As citas carnavaleiras completaranse o martes 21 co Baile de Disfraces no pavillón de Corme ás 17:30h. É preciso inscribirse antes do 15 de febreiro ás 12:00h.
Novas relacionadas
Outros entroidos da Costa
- Muxía: Os pinchos serán, unha vez máis, os protagonistas do entroido muxián.
- Zas: Pequenos e maiores protagonizan o entroido de Zas.
- Carnota: Concello e Asociacións presentan un Entroido de orellas, Urdangarines e Duquesas en Carnota.
- O Pindo: O Pindo prepárase para a invasión vikinga do Entroido.
- Cee: Cee presenta o seu Entroido.
- Dumbría: Dumbría presenta o entroido máis desexado.
- Fisterra: Santi Caneta será o pregoeiro dun Entroido de Fisterra que xa ten cartel.
- Vimianzo: Vimianzo tamén quere un entroido de primeira.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).