Perigosos tiradores tomaron Ponteceso
Fantástica proposta de recuperación do patrimonio lúdico en Ponteceso. O I Campionato de Tirabalas, organizado polo Museo Etnolúdico Galego do Concello de Ponteceso enfrontaba a 38 perigosos tiradores bergantiñáns. Se ben tan só 23 conseguiron puntuar, todos disfrutaron dunha xornada divertidada e comprometida coa nosa cultura. Pero é que o frío atenazaba a puntería.
E iso que había tiradores de todas as idades. A máis nova foi unha cativa de 3 anos, e o máis veterano foi un veciño de 68 anos. Se ben había 6 categorías, faltaron os de sempre, os adolescentes e non houbo ningún tirador de entre 17 e 2 anos, se cadra durmindo a resaca da noite anterior...
A entrega de premios foi ben emotiva, non só polos responsables da mesma (o alcalde Fondo Aguiar, a Concelleira de Deportes Mar Durán e o Patrón da Fundación Eduardo Pondal Xosé María Varela), senón polos orixinais premios. As medallas e as preseas habituais completáronse cun xamón, un colar de chourizos e unha paletilla...
Tralo éxito deste primeiro campionato, o Museo seguro que repite, pero mentres, participantes e veciños poderán disfrutar das fotos da xornada durante esta semana no Centtro Cultural de Ponteceso.
Clasificación Absoluta
- CARLOS ANDRADE CASTRO (42 PUNTOS).
- ÁNGEL PÉREZ VERDES (31 PUNTOS).
- ELISEO PÉREZ (26 PUNTOS).
- JUAN RAMÓN SOUTO (25 PUNTOS).
- ALEJANDRO FERREIRO (14 PUNTOS).
- ERNESTO VENTURA VIDAL (9 PUNTOS).
- ÁNGEL PÉREZ DUARTE (6 PUNTOS).
- VICTOR M. CORES VÁZQUEZ (6 PUNTOS).
- IGNACIO PÉREZ GONZÁLEZ (5 PUNTOS).
- GENEROSO GARCÍA PÉREZ ( 3 PUNTOS).
Clasificación Categorías inferiores
- IVAN FONDO GARCÍA (8 PUNTOS).
- BRAIS SOUTO MARTINEZ (2 PUNTOS).
- CLARA GONZÁLEZ POSE (2 PUNTOS).
- CARMEN GIADAS GARCÍA (1 PUNTO).
- ANTÍA SOUTO MARTINEZ (1 PUNTO).
- IAGO PENA (1 PUNTO).
- PAULA GONZÁLEZ POSE (1 PUNTO).
- JONATHAN CERDEIRO FDEZ (1 PUNTO).
- ESTHER MARTINEZ MUSI ( 1 PUNTO).
- AGUIMON R.DA COSTA NETO (1 PUNTO).
- CESÁREO GARRIDDO PENA ( 1 PUNTO).
- ELOY J.GONZÁLEZ VARELA (1 PUNTO).
- LUÍS PENA GARCÍA (1 PUNTO).
Novas relacionadas
- Coidamos na Costa do patrimonio lúdico galego? .
- Os peóns saltan ao camiño en Ponteceso.
- Ponteceso celebrará un Entroido de Disfraces.
- A Xornada Xoga-Judo na Costa encheu o pavillón de Ponteceso.
Fonte
- Concello de Ponteceso.