Venres. 29.03.2024
El tiempo

O pleno de Ponteceso volve deixar un triste espectáculo

  • García Cotelo acusou ao alcalde de estar imputado polo caso da repotenciación do Parque Eólico de Corme
Pleno a medias en Ponteceso
O pleno volveu rematar a medias
O pleno de Ponteceso volve deixar un triste espectáculo

Con apenas 6 dos 13 concelleiros acabou un novo circo plenario de Ponteceso. Ademais da falta do concelleiro de APIN Marco Varela, a marcha en protesta do seu compañeiro José Manuel Verdes, e da saída da concelleira non adscrita Raquel Fondo, o alcalde Lois Carballido acabou expulsando aos edís non adscritos Daniel García Cotelo, Ana Imia, Salvador Fdez. e Faustino Santiago.

Trala comisión informativa celebrada o pasado venres, en presencia só dunha concelleira do PP e de APIN, o grupo de goberno pedía aprobar un compromiso para gastar 1,2 millóns de euros de remanente en diferentes obras.

A oposición deixou claro que “hai unha débeda con proveedores de varios sectores, que xa teñen denunciado ao Concello”, polo que os cartos deberían empregarse antes en saldar estas débedas que en novos investimentos.
”O acordo proposto pola alcaldía carecía tanto de informes de intervención como de secretaría, polo tanto outra morea de fume como sempre”, denuncia Fondo, a voceira dos non adscritos. “Díxoselle que se temos eses cartos o máis apropiado é que lle pague a quen lle debe, e non gastalo en asfalto que eso non lle da de comer a xente... pero si faria el unha boa campaña”, denuncia.

Pouco a pouco o pleno foi perdendo efectivos, ata quedar só os edís de PP e PSOE, pero a proposta non saíu aprobada.

Imputado

Máis tensa aínda foi a expulsión de García Cotelo. O ex edil popular volveu preguntar por terceiro pleno, e sen obter resposta algunha de novo, polas responsabilidades ante a sentenza que anula a aprobación das obras de repotenciación do parque eólico de Corme. “Non mas queres contestar porque estás imputado por prevaricación”, espetoulle García Cotelo, segundos antes de ser expulsado mentres lembraba que ata o mesmo secretario accidental que asinara aqueles documentos durante o confinamento xa pasou polo xulgado.

Non se tratou unha moción veciñal

A  Plataforma As Salgueiras solicitara incluír unha moción sobre o devandito Parque Eólico, pero a moción non se tratou porque o alcalde non adxuntou a Moción á Orde do día do Pleno.

Novas relacionadas

Comentarios