Venres. 26.04.2024
El tiempo

Ponteceso

O SAF tamén enreda o pleno pontecesán

Continúa o circo plenario de Ponteceso. O espectáculo, emitido polas redes sociais, volveu demostrar a falta de consenso, de formas e de respecto que teñen a meirande parte dos membros que forman parte do pleno.

Desta volta o punto polémico era o Servizo de Axuda no Fogar. Un servizo fundamental que xa leva 1 ano e medio en precario. De feito, xa o pasado mes de xullo, os edís non adscritos presentaran unha moción para abordar un novo contrato, pero que o alcalde Lois Carballido non quixo estudar.

Pero onte presentaba en pleno un punto para unha modificación de crédito de 55.000€, polo sobrecuste xerado nos últimos meses unha vez que a empresa subiulle o prezo das horas. O punto foi desbotado polos votos en contra da oposición (só APIN se abstivo)

O edil non adscrito Daniel García Cotelo considera que o asunto é unha “chapuza”, lembrando que os edís non adscritos pediron rescatar a moción presentada en xullo. Finalmente o pleno acabou antes de tempo, pois Cotelo foi expulsado do pleno, pero ao non queren marchar o alcalde levantou a sesión. “Non marchei porque estiven mal expulsado”, explica Cotelo, que asegura que van presentar un escrito para que se recupere o pleno e se poida votar a moción do PP, e que o alcalde teña que responder a un punto na quenda de “Rogos e Preguntas” sobre as axudas a Asociacións e Clubs de Fútbol, que levan moito tempo sen recibir.

Histórico do circo plenario pontecesán

O SAF tamén enreda o pleno pontecesán