Pondal e Curros unidos polas súas fundacións
09:00 28/02/11
A cúpula directiva da Fundación Eduardo Pondal, vén de realizar unha visita oficial á fundación homónima que outro escritor do rexurdimento, Manuel Curros Enríquez, posúe na súa localidade natal de Celanova. O presidente José Luís Fondo Aguiar, e os patróns José María Varela Martínez e Luís Antonio Giadás Álvarez foron os representantes costeiros.
Ademais de intercambio de agasallos entre ambas fundacións, visitantes e xerente da Curros Enríquez acordaron abrir unhas liñas de colaboración entre as que destacan proxectos “Vilas literarias” e “As rutas do rexurdimento”.
Un bo exemplo de vilas literarias descubrírao a Costa da Morte o pasado 2010 en Cataluña, en Roda del Ter coñecendo ao poeta Miqel Martí i Pol.
Novas relacionadas
- Unha de turismo en verso en Roda del Ter.
- O PSOE pontecesán, que valora os directivos da Fundacion EP, critica a baixa incidencia da wifi.
- A rede wifi de Ponteceso conta xa con 200 usuarios.
- 20 mulleres asisiten ao Curso de Axuda no Fogar no Couto.
Fonte
- Nota de prensa da Fundación Eduardo Pondal.