Ponteceso abre por Semana Santa
Se xa vimos que os pequenos e maiores de Corme disfrutarán de diferentes obradoiros ao longo da semana, hoxe coñecemos un pouco mellor como se presenta a Semana Santa en todo o Concello pontecesán.
En Corme as provesións serán as protagonistas, xa dende o pasado venres.
Pola contra, en Ponteceso a Asociación de Empresarios presenta unha semana completa que comeza este martes 3 e ata o día 8 de abril con actividades na Carpa da Praza do Recheo. Martes e mércores haberña xogos para nenos co Programa Concilia do Concello. O xoves abre unha exposición no MELGA; o venres toca artesanía e roteiro do Mar; o sábado feirón de produtos ecolóxicos e Concurso de Pinchos polos bares....
Ademais haberá novas rutas de sendeirismo tan completas como a da Casa do Demo:
- Xoves 05/04/2012: Roteiro por Ponteceso, Anllóns, Cardezo, Tallo e Ponteceso.
- Venres 06/04/2012: Ponteceso, Balarés, monte Branco e Ponteceso.
- Sábado 07/04/2012: Ponteceso, Anllóns, Cardezo, Tallo e Tella.
As saídas comezarán na Praza do Relleno: ás 16.15 h - Volta: 20.20 h.
Máis información
Novas relacionadas
- Os maiores de Corme disfrutarán cun Obradoiro de Pascua.
- II Xornadas Gastronómicas do Bacalao en Buño.
- Un roteiro ata a Casa do Demo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).